jeudi 14 novembre 2013

(gl) Manuel Rivas - "O andar do vagabundo"

Literatura e memoria



Velaquí a conferencia do escritor galego Manuel Rivas no marco da XXX Semana Galega de Filosofía dedicada a "Filosofía e memoria", organizada pola Aula Castelao de Pontevedra, no día 2 de abril de 2013.

É unha das conferencias máis brillantes ás que me tocou asistir na miña vida.

Un discurso fino, sensible, exemplar, que non me atrevo a resumir aquí polo gran peso que soubo darlle este gran escritor, autor de ¿Que me queres, amor? para citar un título da súa prolífica obra.


Só vou engadir dúas citas de Paul Valéry a propósito do uso das palabras e da memoria:

  "A memoria é o porvir do futuro."
e
"As palabras son táboas tiradas nun abismo, coas cales se atravesa o espazo dun pensamento, e que sofren o paso e non a estación."




Aucun commentaire: